O POETA
FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI PRESENTARÁ O VINDEIRO VENRES UNHA NOVA EDICIÓN DO SEU POEMARIO "MARUXÍA"
FRANCISCO ÁLVAREZ - KOKI PRESENTARÁ O VINDEIRO VENRES UNHA NOVA EDICIÓN DO SEU POEMARIO "MARUXÍA"Infogauda / A Guarda
Logo de varias e activas etapas vitais, primeiro coa súa afección polo ciclismo e logo como activista cultural, o poeta Francisco Álvarez Álvarez - Koki (A Estivada - Salcidos, 1957), partiu fai máis de dúas décadas, xunto coa súa dona Loli, para Nova Iorque.
Con un título – “Lexanías” – como bagaxe literario, Álvarez Álvarez – Koki, continuaría súa labor creativa desde a outra orela do Océano Atlántico. E o mesmo tempo, traballou día a día, para crecer como persoa e como poeta. Froito do seu pundonor, Francisco Álvarez Álvarez -Koki conta hoxendía con tres poemarios en galego - Lexanías, edición do autor (1980); [1989] Maruxía, edición do Concello de Tomiño (1989) e Máis aló de Fisterre, edición da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (1991), (2ª edición, 2000, Deputación de Pontevedra) - e en castelán os seguintes:
- [1981] Poemas del verbo amar, edición do autor.
- [1982] Soliloquios del silencio, edición do autor.
- [1987] Para el amor pido la palabra, Madrid, editorial Betania, (2ª edición,1990, Editorial Lumen, Argentina).
- [1990] Sombra de luna , Ediciones Moria (Nueva York).
- [1994] Desde la otra orilla, edición do Concello de Tomiño.
- [1995] Entre dos aguas , editorial Latino Press.
- [1996] Entre tu cuerpo y mi cuerpo, Concello de A Guarda e Tomiño (2ª edición, 1997, Concello da Guarda).
- [1999] Nova Iorque en nove poetas (antoloxía) Casa da Cultura de Ecuador.
- [2000] Al Fin Del Siglo, Ollantay Press New York.
- [2000] Doce poetas entre rañaceus, Casa da Cultura de Ecuador (antoloxía).
- [2000] Miradas de Nova Iork, Editorial El Vigia Granada (antoloxía).
- [2003] Para Abril e amantes, colección Tambo, Deputación Provincial.
- [2006] Seis narradores en Nueva York, Ediciones Dauro Granada.
- [2007] Entre tu cuerpo y mi cuerpo (antoloxía amorosa), edición da Deputación Provincial.
Asemade, Francisco Álvarez - Koki, publicou Ratas en Manhattan, Sotelo Blanco edicións (2007) e ten sido incruído en varias antoloxías, o tempo que colabora en xornais de literatura de España, Portugal e Latinoamérica.
O vindeiro venres, día 11 de novembro, ás 20:00 h., no Centro Cultural de A Guarda, terá lugar a presentación da segunda edición de “Maruxía”, libro incluído na colección Cíes de poesía, da Deputación de Pontevedra. Nese acto, ademáis do poeta Álvarez-Koki, está prevista á participación do tamén poeta e escritor Xosé María Álvarez Cáccamo.

Con Francisco Álvarez - Koki, mantivo Infogauda á seguinte entrevista:
Qué supón para o autor dese poemario o reencontro coas pegadas poéticas de Feliciano Rolán, a quen lle adicou o libro, e de Eliseo Alonso, autor do limiar?
- Non hai tal reencontro, porque nunca deixei de ter presente a obra de Feliciano Rolán. En canto a Eliseo Alonso é diferente por existir unha relación persoal e de aprendizaxe. Eliseo foi o mestre e tamén gracias a el coñecín e conseguín manter unha relación de amizade con xente como Xavier Pousa, Xose María Álvarez Blazquez, seu irmán Emilio, Valentin Paz Andrade, Oliveira e otra xente que marcaron de algunha maneira o meu pensamento literario e social da vida.
A reedición de Maruxía pola Deputacion de Pontevedra ven sendo a miña homenaxe persoal o poeta Feliciano Rolan Vicente e tamén é un libro de versos do mar adicado os mariñeiros da vila de A Guarda.
Ser poeta na Guarda e non falar co mar, sería imperdoable.
Cómo foi súa evolución persoal previa o intre en que determinou exercer súa labor poética?
-A poesía deume a posibilidade de soñar e tamén de defender causas perdidas, a miña evolución vai conmigo mismo, enriquecin a miña espiritualidade conservando as miñas raíces.
Podemos decir que o poeta nace, ou chégase a se-lo porque un así o decide, e pon toda súa enerxía nese empeño?
- Federico García Lorca decía que para ser poeta había que ter duende. Eu penso que non se pode ser poeta por decisión, senón por emoción, as creacións hai que traballalas, pero primeiro hai que sentilas.
Qué características coida que debe posuir un poeta, para que súa mensaxe sexa perceptible hoxendía?
- Desgraciadamente o mercantilismo tamén chegou a literatura e nela a poesía. Hai moitisimos escritores malos que triunfan nos malos lectores.
Para estar no canon comercial tes que escribir un libro cada tres meses, que é o que dura nos estantes dunha librería. Eu fago o que me gusta, non dependo de ninguén, non teño amo, por iso marchei, preferin lavar platos na emigración que ter que pasar pola desgracia de aguantar certa xentiña.
Hoxe os escritores non pasan deficultades polas ideas agás de uns poucos.
Pra min foi unha agradable sorpresa cuando un escritor galego deixou a cadeira vacía e rechazou os premios de literatura da Xunta, pena que non cundira o exemplo.
En qué medida puido influir a poesía na súa traxectoria vital?
- Influiu enriquecendo a miña vida persoal e sobretodo ensinoume a ser sinxelo e a ter dignidade
En moitos poemas de Álvarez-Koki apreciamos un contido moi intimista, na que o eu lírico descóbrenos imaxes de persoas que se aman con paixón. Qué hai de pública confesión?
- Como ben dixo o escritor Antonio Muñoz Molina no prólogo do meu libro en castelán “ENTRE TU CUERPO Y MI CUERPO’, non se pode escribir sobre a paixón amorosa n´un soio rexistro.
No amor nada está seguro.
Qué supuxo para o poeta Álvarez-Koki sair alén mar, lonxe da terra?
- Supuxo achegarme a outros elementos xerais da vida que fixeron madurar a vida e a obra, tamén valorar máis a familia e a Terra que quedaba atrás. Sempre mantiven o cordón umbilical de Galicia, non podería vivir sen os sonos da miña patria idealizada no meu maxin.
De haberse quedado físicamente en Galicia, súa obra poética sería á mesma?
- Non, no eido persoal e literario a miña poesía sería de outra maneira xa que o achegarte a outros mundos enriqueces os elementos da túa vida e da túa obra. O autor reflicte na súa obra o entorno no que se move.
Cómo resiste un poeta como Vde., que naceu nunha aldea galega, nunha metrópole como Nova Iorque?
- Nova Iorque é un conxunto de aldeas, é diferente aos outros estados. Non tiven mais remedio que entrar na maquinaria laboral, pero mantendo a miña identidade. Na nosa casa fálase galego. Sería ridículo cambiar de lingua por vivir noutro país. Meu fillo fala galego, castelán cando necesita falalo e inglés tamén. Isto vai en resposta pra os que pensan que os nenos sofren confusión o manter o noso idioma como primeira lingua.
Sono con que algun día perdamos o complexo.
Séntese influído dalgún xeito, por residir no país do Tío Sam?
- En realidade as influencias están en todas as cousas que nos rodean.
Estados Unidos é un imperio e actáua como tal, non recoñece outra razón que os seus intereses. De diferente maneira, pero con resultados nefastos fixeron o mismo no seu tempo Roma e España.
Dentro dos Estados Unidos hai moita xente que paga a pena. Eses son os que a min me interesan.
En qué ámetos de Nova Iorque ten tido presencia activa o poeta Álvarez-Koki?
- Antes de emigrar xa tiña organizado eiquí actividades culturais. Logo de un tempo de chegar a Nova Iorque, ademais de seguir coa miña creacion literaria, seguín a miña tarefa como activista cultural organizando actividades e colaborando en proiectos editoriais.
Con unha bagaxe poética de contido maioritariamente amatorio, Vde. tén pulsado tamén outras cordas líricas. Con cales rexistros séntese máis identificado?
- Coa poesía social, ainda que teña vendido moito máis a poesía de contido amoroso. Inda que as dúas veas líricas non están pelexadas, pra mín a poesía social é moi importante. A poesía social non se vende se non mallaron en tí ou estiveste preso. Iso é o resultado de que estamos vivindo nunha sociedade de lixo, donde a xente pasa de todo, e donde os medios castraron o pouco que podían dar de sí as mentes pensantes.
Está fácil, antes da dictadura un obreiro lía a Lorca, a Neruda e a outros autores, hoxe hai moita xente con mais medios que non o fai.
Cómo valora Vde. á presencia dos galegos en Nova Iorque?
- Eu son persoa non grata para as institucions que representan a nosa Terra alén mar, por ter sido critico co seu funcionamento. Despois do que artellou o exilio non se fixo nada mais, as demais emigracions foron a facer cartos. No ano 1966 Celso Emilio Ferreiro, escribíalle a Xesus Alonso Montero dende o seu exilio en Caracas, do folclore galeguista que existía alí.
Cal foi á motivación que lle levou a escreber Ratas en Manhattan?
- RATAS EN MANHATTAN, foi o meu primeiro libro de narrativa.
Facía moitos anos que tiña lido o Viaxe o pais dos Enanos. Nese libro eu tiña que contar, tiña que dar saída a miña raiba. Canto hai de ficción e realidade nel? Cada lector sacará as súas conclusions.
En qué proxectos literarios está traballando hoxendía?
- Son pouco disciplinado e traballo nunha novela sobre emigración que empecei fai tres anos e teño escrito trece liñas.
Book Press ten a intención de editar Pra Abril e Amantes en castelán e inglés e sairá a rúa polo mes de Abril en Nova Iorque.

Ningún comentario:
Publicar un comentario