Gloria Portela Loureiro / Presidenta da Agrupación Coral Polifónica da Guarda
O domingo 25 de xullo as 9 do serán, e dentro da programación da II Mostra das Tradicións Mariñeiras, A Agrupación Coral Polifónica da Guarda ofrecerá un concerto na esplanada do porto, xunto ca Coral de Ruada de Ourense.
A Agrupación Coral Polifónica da Guarda, dirixida por Marisilda Sánchez Lomba, incluirá no seu repertorio habaneras, canción mariñeira e popular galega.
A Coral de Ruada, a segunda coral máis antiga de Galicia, con 90 anos de historia, non actuaba na Guarda dende as Festas do Monte do ano 1957. Dita coral, dirixida por Xoán Antón Vázquez Casas, agasallaranos neste ocasión cun concerto de foliadas, alalás e pandeiradas amais da danza dos vellos onde actuará o grupo de baile. Farán a súa entrada no recinto da festa cun pasarrúas dende o Hotel Convento San Benito, ataviados con seus traxes rexionais e instrumentos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario