21 de xul. de 2010

A GUARDA

SÁBADO DÍA 24 E DOMINGO DÍA 25 DE XULLO, REGATAS DE TRAÍÑAS NO PORTO DE A GUARDA




Infogauda / A Guarda


Na vindeira fin de semán, días 24 e 25 de xullo, ás 17.00 h., o porto de A Guarda Guarda acollerá a primeira regata de Traíñas, en disputa da Bandeira Concello de A Guarda, modalidade de remo en banco fixo, na que o Club de Remo Robaleira, grazas á colaboura de distintos clubs que lle cederon os materiais necesarios, logo de un tempo de adaptación a os necesarios adestramentos, vén competindo de xeito moi digno, na presente tempada.

O tempo que salientamos a colaboura dos equipos que posibilitaron que o Club de Remo Robaleira poida competir na proba raíña do remo en banco fixo, tamén é moi meritoria á labor dos remeiros guardeses, dos patrocinadores, dos adestradores, dos socios e da xunta directiva de Robaleira. Todos eles forman un equipo que levan con orgullo o nome de A Guarda a onde queira que ván.

Ningún comentario:

Publicar un comentario