13 de xan. de 2010

GALICIA

O presidente do Goberno galego asegura que a Xunta está a traballar “de forma proactiva” para que a nova política pesqueira común “tome en consideración a fortaleza e a calidade sobresaínte” da produción pesqueira galega

· Alberto Núñez Feijóo, durante a inauguración das Xornadas Europeas de Pesca e Acuicultura
Fotografía: Conchi Paz

Infogauda / Galicia

Feijóo avoga por que Galicia faga valer a súa experiencia e traballe lealmente para deseñar unha política pesqueira común a través da Presidencia española da Unión Europea.
Sostén que a Xunta “ten asumido con decisión política” a responsabilidade histórica de ordenar o litoral, cun plan que vai protexer e regular “tres veces máis de territorio, coñecendo o terreo palmo a palmo e respondendo a un modelo de desenvolvemento equilibrado e sostible”.
“Galicia é España e tamén é Europa. Cremos en Europa e nas posibilidades que nos abre. Por iso, a Xunta traballa para converter en prioridade da UE aqueles asuntos que nos preocupan aos galegos; e, entre eles, como non podía ser doutro xeito, atópase a pesca”, subliña.
Asegura que nesa política común de pesca, Galicia aposta pola sustentabilidade, a eficiencia e a competitividade, buscando garantir, en todo momento, o equilibrio entre os aspectos ambientais, sociais e económicos.
Remarca que o seu Goberno “ten redoblado os seus esforzos” nestes últimos meses para aprobar unha nova Lei de Pesca consensuada co sector, e para revisar o Plan de Acuicultura.
Considera que substituír o método tradicional do bioensaio para detectar os niveis de toxinas nos moluscos por outro químico non é “nin necesario, nin imprescindible nin urxente” e podería xerar inseguridade xurídica, e celebra o compromiso do Ministerio de Sanidade nesta materia.

A Xunta achega 15.000 euros para axuda humanitaria aos damnificados polo terremoto de Haití
Equipos de busca con cans e bombeiros galegos ofrécense a colaborar nas labores de axuda.

Ler máis.

A Consellería do Mar publicará nas vindeiras semanas a orde que mantén as axudas económicas para formación nas escolas náuticas
A Orde de axudas económicas para o curso 2009-2010 será convocada nas vindeiras semanas en termos semellantes aos anos anteriores.
Os cursos de formación pesqueira continúan sendo totalmente gratuítos en todos os centros que dependen da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
A Xunta vén de resolver a Orde de axudas do curso pasado cun atraso que obedece á demora na súa publicación durante o anterior Goberno.
Mar atenderá a demanda de formación básica e mariñeiro pescador coa celebración de 60 cursos durante o primeiro trimestre de 2010.

Ler máis.

O CDG recupera para os escenarios a obra de Roberto Vidal Bolaño “As actas escuras” baixo a dirección de Xúlio Lago
· Roberto Varela presentou o novo espectáculo do Centro Dramático Galego
Fotografía: Conchi Paz
A nova produción da compañía pública estréase o venres día 15 no Salón Teatro de Santiago, onde se exhibirá ata o 7 de febreiro para iniciar a despois a súa xira galega.
O conselleiro do Cultura presentou este espectáculo, no que 14 actores e actrices desenvolven a trama centrada nunha investigación sobre os restos do Apóstolo.
Segundo avanzou Roberto Varela, a programación 2010 do Centro Dramático Galego proseguirá con 3 coproducións e 7 residencias artísticas, entre outras actividades.
O Plan de renovación do Parque Móbil racionalizará a dotación de vehículos programando as adquisicións para catro anos

· Alfonso Rueda durante a recepción por parte da Xunta de 12 vehículos para Servizos Sociais e Protección Civil
Fotografía: Ana Varela
A Xunta non prevé comprar vehículos para altos cargos en 2010 e a previsión é renovar só 9 en toda a lexislatura, 52 menos que na anterior.
O Goberno entregará 82 vehículos como pago en especie para abaratar as novas adquisicións e recortará custes acudindo ao sistema de rentingO conselleiro de Presidencia asistiu hoxe á recepción de 12 vehículos para Servizos Sociais e Protección Civil permutados por tres coches de alta gama.

Ningún comentario:

Publicar un comentario