13 de xan. de 2010

BAIXO MIÑO

REPUBLICANOS MINHOTOS RECOLLERÁ SINATURAS PARA PRESENTAR ANTE O CONGRESO TRANSPARENCIA DAS CONTAS DA CASA REAL

Dende Republicanos Minhotos decimos:

É unha anomalía que a cidadanía non poida votar ao Xefe do Estado, e ademáis non poida conhecer en que se emprega o dinheiro que recibe dos fondos públicos.
¿Cando serán públicas as contas da Casa Real?
Tamén e lóxico saber os salarios de tódolos membros da Familia Real, para que den conta ante Facenda como o resto da Cidadanía. Gustaríanos saber se esta Familia esta en “crise”.
Según a prensa europea a fortuna patrimonial de J. Carlos 1º é de 1.700 millóns de €. ¿Cal é o orixe de tal fortuna? A Cidadanía ten dereito de saber e conhecer a través do Congreso dos Deputados, a mencionada fortuna, así como as donacións e regalos que recibe en condición de Xefe do Estado.
Pensamos que é hora de modificar a Constitución por estar desfasada e por ser anacrónica.
As sinaturas serán enviadas ao Congreso dos Diputados para que se investigue o orixe do patrimonio e fortuna da casa Real. Para a súa tramitación na Comisión de Peticións e ao grupo de IU para que esta proposta sexa levada a un debate parlamentario.
Repúblicanos Minhotos pensamos que é hora de modificar a Constitución por estar desfasada e por ser anacrónica.
SOLICITAMOS:
Apoio popular.

Os impresos están en Copy Quisquella (A Guarda)

Ningún comentario:

Publicar un comentario