2 de out. de 2026

TUI

Alba Farto impartirá na Biblioteca Municipal o obradoiro “Debuxar as letras”   

•  Será o próximo martes dentro do programa do Mes da Biblioteca.  É preciso inscrición previa

 


Infogauda/Tui

 A Biblioteca municipal de Tui acollerá o próximo martes, 6 de outubro, ás 17.30 h un obradoiro titulado “Debuxar as letras” a cargo da ilustradora Alba Farto, co que comezan as actividades do “Mes da Biblioteca” dirixidas á cativada.  

 Neste obradoiro, impartido pola debuxante e ilustradora Alba Farto, daranse os primeiros pasos na técnica de rotular letras empregando diversas ferramentas: tinta, pincel, rotuladores. Aprenderanse as bases para seguir practicando na casa e acabar escribindo con soltura, e por qué non, creando unha obra propia.  

 Rotular coñécese como a arte de debuxar letras bonitas a man. Falamos de debuxar e non de escribir, xa que cando escribimos facémolo de xeito mecánico e cando debuxamos facémolo pensando no resultado e no estilo. 

 Con este obradoiro búscase descubrir o desenvolvemento creativo, debuxar as letras e tamén favorecer a concentración e a relaxación. A actividade fomenta a concentración, desconecta das pantallas e dá renda solta á creatividade. Debuxar líneas con pincel e tinta china, para xogar cas formas das letras e deseñar un tipo de letra persoal, ao final darémoslle cor ás letras.  

 Os rapaces e rapazas interesados nesta actividade deben inscribirse na propia Biblioteca ou a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal  

 Sonsoles Vicente Solla, concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade , expica que esta proposta de obradoiro ten o obxectivo de descubrir e promover o desenvolvemento creativo dos usuarios da Biblioteca Municipal.  

 Esta actividade está inserida no programa de dinamización de bibliotecas públicas, Ler Conta Moito da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario