2 de out. de 2026

A GUARDA

O CENTRO CULTURAL DA GUARDA SERÁ ESCENARIO DUNHA NOVA CITA CO TEATRO COA OBRA BIO CONSTRUCCIÓN,DE IBUPROFENO TEATRO  

• A representación terá lugar o venres, 9 de outubro, ás 21:00 horas, e propón unha reflexión sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, o sistema inmobiliario e as relacións humanas 

 



Infogauda/A Guarda 

 A Guarda terá o venres, 9 de outubro unha nova cita coa programación teatral no Centro Cultural, que acollerá ás 21:00 horas a representación de “Bio Construcción” da compañía Ibuprofeno Teatro, unha peza que combina surrealismo e absurdo para ofrecer unha mirada crítica e metafórica sobre a sociedade contemporánea.  

 A obra presenta a historia dunha parella que decide deixar atrás o teatro para trasladarse a un lugar remoto e iniciar, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A que inicialmente se presenta como a súa gran creación converterase nun proxecto vital que se prolongará durante trinta anos, toda unha vida de traballo afastada do mundo e marcada por un compromiso inquebrantable.  

 Ao longo da peza, o público asistirá á evolución desta historia, que emprega o humor, o surrealismo e o absurdo para abordar cuestións de gran actualidade. “Bio Construcción” propón unha reflexión sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o propio feito teatral e a estupidez humana na sociedade contemporánea.  

 Con esta nova proposta, o Concello da Guarda continúa achegando ao público unha programación cultural diversa e de calidade, convidando á veciñanza a gozar dunha noite de teatro e, ao mesmo tempo, a reflexionar sobre algunhas das cuestións que atravesan a nosa sociedade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario