11 de set. de 2026

TUI

Visita guiada polo patrimonio xudeu e criptoxudeu de Tui este domingo 

 Comezará ás 11.30 h e estará dirixida polo guía Hugo Lage 


Será unha nova visita guiada cun percorrido polo patrimonio xudeu, vinculado ás comunidades xudías e criptoxudías que habitaron no conxunto histórico tudense ao longo dos séculos
Foto: CT

Infogauda/Tui

 Este domingo, 13 de setembro, haberá unha nova cita dentro da programación de actividades do “Setembro xudeu en Tui”. Será unha nova visita guiada cun percorrido polo patrimonio xudeu, vinculado ás comunidades xudías e criptoxudías que habitaron no conxunto histórico tudense ao longo dos séculos. Comezará ás 11.30 h na Oficina Municipal de Turismo, no Paseo da Corredoira.  

 Este percorrido estará dirixido polo guía Hugo Lage, de Buguina Turismo,  que posúe unha ampla experiencia nas visitas ao conxunto histórico tudense e que tamén está acreditado pola Red de Juderías de España como guía Rasgo, o que certifica a súa formación sobre a herdanza xudía.  

 Esta ruta posibilitará ás persoas asistentes coñecer o patrimonio xudeu e criptoxudeu da cidade de Tui e descubrir as pegadas do seu legado, que en moitos casos non está visibles para os visitantes, ofrecendo unha experiencia de achegamento a esta faceta do patrimonio cultural tudense.  

 A concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez, confía que estas propostas de visitas contribúan ao coñecemento e valorización tanto da pegadas destas comunidades na nosa cidade como do propio patrimonio cultural tudense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario