25 de set. de 2026

O PORRIÑO

O PSdeG-PSOE do Porriño denuncia a inexistencia de Plan de Emerxencias Municipal -PEMU

• Con esta medida poñeríase fin a preto de 20 anos de incumprimento coa normativa vixente, recollendo plans de actuación específicos para o risco químico das toneladas de lindano existentes en Torneiros 


Sthela Mª Táboas, concelleira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello do Porriño

Infogauda/O Porriño 

 O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE do Porriño, lembra que “desde o ano 2007, a Lei de Emerxencias de Galicia no seu artigo 27 di que “municipios de máis de 20.000 habitantes teñen a obrigación por Lei de elaborar e aprobar o seu propio PEMU”. A este respecto, a concelleira Sthela Mª Táboas, do Grupo Municipal Socialista indica que “o Concello do Porriño, non dispón ata a data dun Plan de Emerxencias Municipal”. 

 “E é por iso - afirma Sthela Mª Táboas - que, desde a agrupación socialista do Porriño, levaremos a Pleno “a creación dun Plan acorde ás características do noso municipio, que recolla todos os elementos vulnerables existentes na demarcación municipal” indica a concelleira do PSdeG-PSOE, Sthela Mª Táboas, engadindo que “parece incrible, pero é certo, un municipio como o do Porriño coa súa gran actividade industrial, non dispón de algo tan básico para a seguridade dos seus veciños”. 

 “No último incendio de Couceiro, a inexistencia deste Plan puxo en evidencia a descoordinación dos efectivos na extinción do lume, resultando lesionado un voluntario que desobedeceu as ordes de retirada dos bombeiros profesionais. Pero tampouco se lle ocorreu ao Alcalde ou concelleiro de Seguridade, poñerse de inmediato  co seu desenvolvemento, a pesar de que tivo que activarse o Platerga ao superar o suceso a capacidade local” cuestiona a concelleira socialista; pero é que ademais “puidemos comprobar que no Polígono de as Gándaras, non existe ningún hidrante ao longo de todo o vial que o atravesa. Parece que nos preocupamos das emerxencias doutros municipios, cando en casa temos o perigo sen resolver” resalta Táboas. 

 A concelleira tamén afirma: “Así mesmo, o Concello do Porriño deixou escapar varias subvencións nestes anos para a realización deste Plan de Emerxencias, como a recente Orde do 9 de febreiro de 2026, na que se establecían as bases reguladoras para a concesión das subvencións a concellos, para a elaboración e implantación de plans de protección civil para o risco de incendios forestais de ámbito municipal. O Concello do Porriño non a solicitou. 

 Pola contra, a Xunta de Galicia requiriu ao Concello en dúas ocasións a realización do PEMU, por iso, unha vez que pedimos acceso ao expediente, comprobamos que existe un borrador que non contempla zonas que merecen un especial interese, dada o seu perigo en caso de incendio. 

 E é que non se pode pasar por alto, que non se teña en conta un residuo químico e histórico centralizado en Torneiros como o é o lindano, toneladas depositadas baixo o Parque Alba e do que partiron os cimentos de moitos edificios de vivenda pública da zona”. 

 “Segundo a documentación á que se nos deu acceso, o Plano de Elementos Vulnerables “contempla dous Plans SEVESO, un superior que pertence a Syngenta e outro inferior que pertence a Zendal. Pero con todo non contemplar como risco químico un incendio nesta área recreativa porriñesa, pois superaría a temperatura na que o lindano descomponse en Fosgeno (COCl₂), Cloruro de hidróxeno, Cloro gasoso e Monóxido de carbono, compoñentes químicos de gran toxicidade para a poboación” explica Sthela Táboas. 

 “Desde a agrupación socialista do Porriño eloxiamos que, ao amparo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional -FEDER-, a Xunta de Galicia comprometésese en 2024 co investimento de máis de 7,5 M€ na retirada dos residuos da fabricación de lindano, presentes na zona de Contrasto; xa que esta substancia está incluída no Convenio de Estocolmo para a eliminación mundial dos contaminantes orgánicos persistentes. “Pero que ocorre coas toneladas de lindano depositadas no Parque Alba? E é que, xa que a Xunta non contempla a súa retirada ata a data, deberían considerarse os riscos específicos para a poboación, así como un plan de evacuación e medidas acordes aos mesmos. 

 Outras localidades afectadas por resíduos de lindano, son as de Sabiñánigo, en Huesca, ou Barakaldo, en Vizcaya; cuxas páxinas web municipais contan cunha transparencia envexable, mantendo informada á poboación dos riscos e as recomendacións para seguir en caso de emerxencia. Alejandro Lorenzo debería ir tomando nota da capacidade de xestión doutros Concellos”.

 “Está moi ben celebrar grandes festivais, eventos deportivos ou actividades no Porriño , que atraian a numeroso público; pero é moi reprochable que non se poida garantir a súa seguridade, ao carecer o Concello dun PEMU que coordine os medios de resposta locais e intermunicipais con efectividade” resume a concelleira socialista. 

 “Desde o PSdeG-PSOE poderiamos esperar a que este Plan de Emerxencias levásese  a Pleno para a súa aprobación e alegacións, pero dada a urxencia de que O Porriño  conte cun Plan de Emerxencias completo e efectivo, preferimos realizar esta importante puntualización e achegar datos de especial interese, para que non se produzan atrasos na súa homologación debidos a modificacións posteriores”, salienta Táboas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario