16 de set. de 2026

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR AS SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS POR CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA ACTIVIDADES SOCIAIS, CULTURAIS E DEPORTIVAS   

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 17 de setembro ao 16 de outubro


Infogauda/A Guarda

 O Concello da Guarda abrirá este xoves, 17 de setembro, o prazo para presentar as solicitudes das subvencións municipais por concorrencia competitiva destinadas ao desenvolvemento de actividades sociais, culturais e deportivas no municipio.  

 As entidades e persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 16 de outubro, de acordo co establecido nas bases da convocatoria.  

 As bases reguladoras e os anexos necesarios para realizar a solicitude xa están dispoñibles na páxina web do Concello da Guarda.  

 A presentación das solicitudes poderá realizarse a través da sede electrónica do Concello ou de maneira presencial no rexistro municipal, dentro do prazo establecido.  

 Con esta convocatoria, o Concello da Guarda continúa apoiando o desenvolvemento de iniciativas e actividades de carácter social, cultural e deportivo, promovidas por entidades e persoas do municipio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario