14 de set. de 2026

A GUARDA

A asociación FOCO organiza na Guarda, un obradoiro de teatro xuvenil

 Todos os martes, de outubro a xuño, de 19:30 a 21:00 horas



Infogauda/A Guarda

 Un dos proxectos centrais da asociación FOCO, da Guarda, é o seu teatro xuvenil. Dese xeito, organiza un obradoiro de teatro de balde. 

 Os participantes terán entre 12 e 30 anos, divididos en dous grupos diferenciados: participantes en idade de escolarización secundaria (de 12 a 17 anos aproximadamente), e persoas mozas transicionando a idade adulta (a partir dos 18 anos en diante). 

 Os Teatros Xuvenís ofrecen obradoiros semanais de maneira regular durante o curso escolar e presentan ao menos unha vez os resultados escénicos deste traballo. 

 A participación nas actividades do Teatro Xuvenil é voluntaria e enmárcase dentro da educación non formal. 

 O Teatro Xuvenil entende ás persoas novas non só como intérpretes, senón tamén como creadoras de pleno dereito dentro do proceso teatral, garantindo espazos nos que poidan desenvolver a súa propia linguaxe escénica, tomar decisións artísticas e participar activamente na creación de pezas teatrais. Recoñécese a súa capacidade para crear e influenciar ao sistema teatral.

 Folla de inscrición para participar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario