1 de ago. de 2026

A GUARDA

O baloncesto tomará o Auditorio de San Bieito cunha exhibición 3x3 para todas as idades  

 A cita terá lugar o vindeiro xoves, 6 de agosto, ás 19:00 horas




Ricardo Rodríguez Vicente/A Guarda

 O baloncesto será protagonista o vindeiro xoves, 6 de agosto, cunha xornada deportiva pensada para gozar en familia coa celebración da Exhibición 3x3 do Baixo Miño Basquet, unha proposta que combina deporte, diversión e participación aberta.  

 A actividade está organizada polo Club de Baloncesto Baixo Miño Basquet e a Comisión de Festas do Monte Santa Trega, entidades que apostan por achegar esta disciplina a pequenos e maiores nun encontro no que a convivencia e o espírito deportivo serán os grandes protagonistas.  

 A cita terá lugar ás 19:00 horas no Auditorio de San Bieito, un espazo que acollerá unha tarde chea de emoción coas partidas de baloncesto 3x3, unha modalidade dinámica e atractiva que permite desfrutar do xogo desde unha perspectiva máis participativa.  

 Ademais da exhibición, a organización preparou un concurso de habilidades e diferentes desafíos para que os asistentes poidan poñer a proba a súa destreza co balón e vivir unha experiencia deportiva diferente.  

 As inscricións poderán realizarse no propio lugar do evento, facilitando así a participación de todas as persoas interesadas. Para obter máis información, pódese contactar no teléfono 684 79 36 16.

Ningún comentario:

Publicar un comentario