XORNADA DE INICIACIÓN AO FÚTBOL GAÉLICO EN TUI
• O venres, 3 de xullo de 20:00 a 22:00h no Campo Municipal Álvarez Durán
Grovias Futebol Gaélico/Redacción Deportes
A equipa de fútbol gaélico do Baixo Miño Gróvias levará a cabo unha xornada para dar a coñecer este deporte o venres, 3 de xullo. Será de 20:00 a 22:00h no Campo Municipal Álvarez Durán, de Tui. Ao remate terá lugar un terceiro tempo de confraternización.
O fútbol gaélico é un deporte de balón orixinario da Irlanda caracterizado polo uso tanto dos pés como das mans para mover a bola e conseguir anotar. Aínda que de recente implantación no noso país, en Irlanda é o deporte máis popular e con máis licencias federativas.
Para a vindeira tempada 2026-2027 Gróvias busca reforzar a súa equipa feminina e criar a súa primeira equipa masculina.
Se che gusta facer deporte en grupo agardámoste este venres en Tui!

Ningún comentario:
Publicar un comentario