9 de xuño de 2026

DEPORTES

ATLETISMO

XOEL PÉREZ MONTERO, SUBCAMPIÓN GALEGO SUB14 NOS 500 METROS LISOS EN PISTA AO AIRE LIBRE


Xoel Pérez Montero, coa súa medalla de prata
Foto: SAdoT

Redacción Deportes/A Guarda  

 O atleta de Tomiño Xoel Pérez Montero, integrante da Sociedade Atlética do Trega, conquistou a medalla de prata na proba de 500 metros lisos durante a celebración do XXXV Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Sub14 en Pista ao aire libre, disputado o pasado 7 de xuño na Pista de Atletismo Luís Nogueira, do Barco de Valdeorras. 

 A carreira desenvolveuse ás 18.43 horas, dentro da serie de maior nivel dunha competición que contou con 19 atletas distribuídos en dúas series. As altas temperaturas foron unha das notas salientables da xornada. 

 Xoel respondeu cunha actuación moi sólida, completando os 500 metros en 1.18.48, unha marca que lle permitiu ocupar a segunda posición da clasificación final e proclamarse subcampión galego Sub14. 

 O atleta tomiñés terminou a tan só 24 centésimas de segundo da medalla de ouro, demostrando un excelente estado de forma nunha das competicións máis importantes da tempada autonómica. 

 Con esta medalla, Xoel Pérez Montero incorpora un novo resultado salientable ao seu currículo deportivo e continúa sumando experiencias e éxitos na súa formación como atleta, representando con orgullo á Sociedade Atlética do Trega e ao municipio de Tomiño. 

 "Desde o club queremos trasladarlle os nosos parabéns polo traballo realizado e polo magnífico rendemento ofrecido no campionato galego", indicaron desde a Sociedade Atlética do Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario