FÚTBOL
XORNADAS DE PUERTAS ABERTAS U.D. RIBERA
U.D.Ribera/Redacción Deportes/O Rosal
A U.D. Ribera afronta os últimos días coas súas Xornadas de Puertas Abertas, unha oportunidade para que nenos e nenas a partir de 4 anos coñezan o noso club e participen nos adestramentos xunto aos nosos equipos e adestradores.
Esta iniciativa permite ás familias descubrir de primeira man o proxecto deportivo e formativo da U.D. Ribera nunha contorna baseada na aprendizaxe, o compañeirismo e os valores do deporte.
As xornadas finalizarán o próximo 15 de xuño, polo que animamos a todos os interesados a aproveitar estes últimos días para participar.
Información: teléfono 651 578 331
Instagram: @udribera
Esperámoste na U.D. Ribera!
Ningún comentario:
Publicar un comentario