O Concello de A Guarda aprobou un contrato menor de servizos coa Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro
• Polas saídas do volanteiro Piueiro, do 4 de xullo ao 29 de agosto de 2026
Vista a proposta de contratación presentada pola Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, e elevada polo responsable do departamento de Concellería de Turismo para a contratación da prestación "Saídas de navegación do volanteiro Piueiro verán 2026" mediante contrato menor de Servizos, a secretaria do Concello de A Guarda, Julia Mª Carrasco González vén de notificar mediante o servizo de Dirección Electrónica Habilitada Única, a Joaquín Cadilla Castro, presidente da devandita asociación Piueiro, a aprobación da devandita proposta para o exercicio 2026, con cargo a aplicación orzamentaria 43200.22799 "Outros traballos realizados por empresas e profesionais. Información e promoción turística".
O desglose do contrato é o seguinte:
Importe do contrato: 5.371,9 €; Impostos: 21 % Total: 6.500 €.
Prazo de execución: Do 4 de xullo ao 29 de agosto.
Unha vez realizada a prestación obxecto do devandito contrato menor, a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro expedirá factura a nome do Concello de A Guarda para súa incorporación ao expediente e unha vez conformada, tramitar o recoñecemento e pago se procede.

Ningún comentario:
Publicar un comentario