Luisa Sánchez celebra o primeiro título continental do Atlético Guardés, gañador da EHF European Cup 2025/26
Infogauda/A Guarda
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, celebrou este domingo na Sangriña o primeiro título continental do Atlético Guardés, que se proclamou vencedor da EHF European Cup 2025/26 ao superar na final ao Michalovce eslovaco. O conxunto adestrado por Ana Seabra impúxose no partido de volta por 29-24, consolidando así a vantaxe de catro goles que xa acadara no duelo de ida. Luisa Sánchez trasladou o recoñecemento da institución provincial “ao club, á afección e á vila da Guarda, que volveron demostrar unha paixón e unha unión que foron fundamentais para acadar este fito histórico”.


Ningún comentario:
Publicar un comentario