PIRAGÜISMO
OS TEIXUGOS GAÑADORES DA II COPA GALEGA DE NOVAS PROMESAS DE SLÁLOM
Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera
O Club Deportivo Miño gañou este sábado a II Copa Galega de Novas Promesas celebrada en Dumbría, nas augas do río Xallas.
En Novas promesas entran as dúas categorías previas a categoría oficial, deportistas cadete e infantil. O club acudiu cunha representación de once deportistas que cos seus resultados fixeron dos Teixugos o mellor club da Copa.
En Cadete feminino poderío total das teixugas: en canoa, ouro para Nerea Álvarez; prata para Catalina Sánchez; bronce para Leila Álvarez; e cuarto lugar para Beatriz Sánchez. Na mesma categoría pero en caiac repetiuse o mesmo resultado, Nerea primeira, catalina segunda, Leila terceira e Beatriz cuarta.
En Infantil feminino Rita Olveira gañou a medalla de ouro tanto en canoa como en caiac.
En cadete masculino, solo participaron en K1, Izan Vicente gañou o bronce, Alejandro Barreiro rematou quinto, Iván Cruz sétimo e Leo Álvarez décimo.
Ademais deste deportistas que participaron na categoría oficial, varios membros máis do club acudiron ao evento para axudar ou participar como abridores, porque slálom non é só competición senón unha forma de vida e relacionarse.

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario