20 de maio de 2026

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

ACTO DE HOMENAXE ÁS MULLERES CON CORAXE 

   


José Manuel Domínguez Freitas/Camposancos

 Este vindeiro sábado, 23 de maio, ás 12.00h, na rotonda que hai entre o colexio dos xesuitas e a urbanización Rio Miño, terá lugar a homenaxe coa que a ARMH do Campo de Concentración de Camposancos e Fosa Común de Sestás honra a memoria das Mulleres con Coraxe.  

 Son esas mulleres que, coñecidas como lavandeiras, fixeron a vida dos prisioneiros do Campo de Concentración de Camposancos un chisco máis doada lavándolle a roupa, actuando como carteiras e facilitándolle marateriais para que os presos poideran elaborar obxectos e matar o interminable tempo de reclusión.  

 Pero tamén lembramos e honramos a aquelas que durante un tempo estiveron neste Campo de Concentración e a moitas outras que por ser transgresoras, por saír da normalidade ou por ser esposas de republicanos sufriron represión, malos tratos e repudio social.  

 Como di a placa que imos descubrir no acto: a todas as Mulleres con Coraxe, ás que penaron neste Campo de Concentración, ás que sufriron a represión franquista, ás que pagaron coa súa vida, ás que lle fixeron a vida máis doada aos prisioneiros e ás súas familias, a todas ellas o noso recoñecemento e gratitude.   

 Agradecemos dende a ARMH a colaboración neste acto da Entidade e do Concello da Guarda. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario