24 de abr. de 2026

O PORRIÑO

O PSdeG-PSOE do Porriño tilda de propagandista a Alejandro Lorenzo 

 Tras a publicidade dada a aplicación MoBT 

 

Sthela Taboas, concelleira do Grupo municipal do PSdeG/PSOE do Porriño

Infogauda / O Porriño  

 No día de hoxe, venres 24 de abril de 2026, o Grupo municipal do PSdeG/PSOE do Porriño vén de facer pública á seguinte nota de prensa:

 Dende o PSdeG/PSOE do Porriño lamentamos que o alcalde do Porriño, M. Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Turismo, Vanesa Ucha, se adiquen a facer propaganda dunha aplicación da Xunta carente de datos relevantes para os usuarios do transporte público.  

 No pasado Pleno Ordinario de maio do 2024, a concelleira socialista, Sthela Mª Táboas, presentaba unha moción sobre a implementación dun sistema de XPS nos autobuses de transporte de pasaxeiros con paradas en O Porriño. “Propoñíase a implementación dunha aplicación na que os usuarios podesen dispoñer de datos coma o tempo dque resta de chegada ás paradas, as prazas valeiras no autobús ou os reforzos dispoñibles. O PP votou en contra desta proposta”.  

 A concelleira de Turismo, explicaba nesa sesión que a Consellería de Transportes da Xunta de Galicia, estaba a traballar nunha aplicación chamada Marquesiña Virtual, presentada no 2014, que tal como manifestou Sthela Taboas na sesión “si en dez anos non superon poñer en marcha esta aplicación, válgame Deus!.  

 “Dous anos despois da presentación da nosa moción, o alcalde do Porriño presentaba este mércores a aplicación MoBT da Xunta de Galicia, que ben sendo un localizador das liñas e horarios das distintas paradas, cun monedeiro electrónico, pero que non aporta maiores datos” explica a concelleira socialista.  

 Pola contra, a moción presentada hai dous anos polo PSdeG-PSOE, apoiada polo BNG e co PP en contra “propoñía implementar unha aplicación con datos que precisan os usuarios do transporte público, para saber na propia parada si os autobuses levan prazas dispoñibles ou, pola contra, van ateigados con xente de pé nos pasillos. Prefiren que os veciños arrisquen a súa seguridade, a recoñecer propostas positivas presentadas pola oposición” remata Táboas.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario