17 de abr. de 2026

DEPORTES

O VII Trail Orixes Mondariz pechará este domingo as súas inscricións   




Redacción Deportes / Mondariz

 A Asociación Deportiva Mondariz, organizadora do VIII Trail Orixes Mondariz, vén de anunciar o peche de inscricións o vindeiro domingo 19 de abril, ás 23.59 horas. 

 Así pois, dende a organización animan ás persoas que desexen participar a formalizar o seu rexistro a través da web: https://www.empa-t.com/inscripciones/ 

 Ata o momento, a proba conta con máis de 800 persoas inscritas. Concretamente, nas distancias de Trail, promotrail e maratón quedan poucas prazas. Pola contra, a carreira “minitrail” xa está pechada. 

 Para máis información, pode consultarse a páxina web admondariz.com  

Homologación pola FEDME  

 Por outra banda, a Asociación Deportiva Mondariz informa de que este mesmo ano iniciará os trámites co obxectivo de obter a homologación da carreira “Ultra” pola FEDME. Desta forma, nas próximas convocatorias da competición o Trail Orixes Mondariz poderá ser elixido como sede do campeonato nacional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario