13 de abr. de 2026

A GUARDA

A OMIX da Guarda organiza un obradoiro para aprender a realizar un ramo seco




Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello da Guarda continúa coa organización de obradoiros gratuítos para diversificar a oferta do ocio da mocidade na nosa vila.  

 Para o sábado 25 de abril, de 10:00 a 13:00h, haberá un obradoiro para realizar un ramo seco, que estará dirixido polo estudio floral Beltane.  

 O obradoiro ten unha parte teórica; outra de demostración; e a última parte práctica, onde as persoas participantes elaboran o traballo e reciben axuda e apoio para solucionar as súas dúbidas.  

 Deste xeito, aprenderán o nome das especies utilizadas, a mellor forma de conservar o traballo ou a teoría da cor detrás da combinación escollida antes de pórse mans á obra.  

 As prazas son limitadas e terá prioridade a mocidade, aínda que estará aberto ao público xeral se hai prazas. A inscrición xa está aberta ata o próximo luns 20 a través do correo electrónico da OMIX: informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario