17 de mar. de 2026

TOMIÑO

O TOMIÑO FC ENVÓRCASE COA SOLIDARIEDADE 

DESTINARÁ A TAQUILLA DO SEU PARTIDO DE COPA AO FESTIVAL PEQUEÑOS GIGANTES  




Redacción / Tomiño

 Este xoves 19 de marzo as 18:00 o Tomiño FC medirase no campo do Alivio ao Cultural Areas no encontro correspondente aos oitavos de final da Copa Deputación. O encontro terá un aliciente moi especial pois o club tomiñés vén de anunciar que destinará integramente a súa taquilla do partido á iniciativa Pequeños Gigantes.  

 Pequeños Gigantes é unha gala solidaria promovida por Vanesa Pérez para recaudar fondos para a Asociación Bicos de Papel no seu apoio a pacientes de cáncer infantil. Desde o Tomiño FC quixeron sumarse a esta iniciativa e animan á súa afección a encher o Alivio para sumar o seu grao de area a esta iniciativa e tamén, por suposto, para animar ao equipo.  

 No puramente futbolístico o equipo tomiñés afronta este encontro coa ilusión de seguir facendo un bo papel no torneo copeiro logo de ter superado xa dúas fases. O rival será o Cultural Areas, equipo asentado na zona alta da división Preferente, polo que será unha dura proba para o Tomiño FC que se acolle ao seu bo momento de forma e ao apoio da súa afección para dar a sorpresa e seguir adiante na Copa Deputación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario