A COMUNIDADE DE MONTES EN MAN COMÚN DE CAMPOSANCOS CONMEMOROU O DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE
• Plantando máis de medio centenar de árbores na zona de Chans, no monte Trega
José Fernando Martínez / Camposancos
Hoxe, co gallo do Día Internacional da Árbore, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos sumouse plantando 50 castiñeiros, 5 acivros e 2 liquidámbar na zona de Chans, no monte Trega.
A prantacións dirixiuna Marta, monitora de XERAEMPREGO que é unha das responsables de formar a un grupo de mozos do curso de formación forestal dual que dende fai dous anos fan as prácticas no monte Trega en convenio coa Comunidade de Montes de Camposancos..
Os árbores foron doados pola Xefatura Territorial de Medio Rural da Xunta de Galicia.
Outro tema, este que nos ocupa e preocupa por tratarse dunha demanda onde a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Salcidos reclaman se lles recoñeza como propietarios da porción do monte Trega administrado pola Comunidade de Camposancos. A data para a vista estaba fixada, xa en segunda ocasión, para o pasado día 17 deste mes. A xuiza tomou, a petición do perito xudicial, a decisión de adialo sine díe. Este perito foi nomeado a petición da Comunidade de Montes de Salcidos.


Ningún comentario:
Publicar un comentario