Mondariz vivirá o entroido máis multitudinario da súa historia
• Este domingo, día 1 de marzo, dende ás 17:00 horas
Infogauda / Mondariz
O Concello de Mondariz celebrará este domingo o entroido máis multitudinario da súa historia cun total de 13 comparsas e case 900 participantes. Así, dende as 17:00 horas as rúas do municipio encheranse de música e cor.
O punto de partida das diferentes comparsas será dende o CPI de Mondariz, continuando pola Avenida do Val, cruce de Correos, rúa San Gregorio, aparcamento, rúa Ramón y Cajal, zona da igrexa, praza de España e rematará na rúa Miguel Ángel Blanco.
En todas as rúas do percorrido, estará prohibido aparcar dende as 14 horas ata o remate do desfile. Ademais, nas mesmas rúas a circulación permanecerá cortada, con pases nalgunhas delas baixo a coordinación da Policía Local e Protección Civil.
Ao remate do desfile, a xornada continuará coa actuación da Charanga Charandonga. Tras a actuación, procederase a entrega das mención especiais do concurso de comparsas.
Dende o Concello de Mondariz recordan que “estará habilitada a zona do CPI de Mondariz para o aparcamento de persoas e comparsas participantes, así como para a organización”.


Ningún comentario:
Publicar un comentario