27 de feb. de 2026

A GUARDA

O espectáculo aéreo “4.0”, de Sue Moreno invita á reflexión sobre a maternidade    

O sábado, 7 de marzo ás 18:00h na praza do Reló  


Infogauda / A Guarda

  O Concello da Guarda xunto co Centro de Información á Muller (CIM) preparan unha programación especial para este 8-M, Día Internacional da Muller.  

 O sábado 7 de marzo, ás 18:00 horas, a praza do Reló acollerá o espectáculo “4.0” de Sue Moreno. Trátase dun espectáculo que fusiona técnicas aéreas de circo (teas e aro) con teatro, danza e música, e cun ton de humor.   

 A historia sitúa a unha muller no seu día a día, intentando conciliar o seu traballo coa súa maternidade, mostrando as diferentes caras desta etapa desde unha ollada divertida, tenra, emocionante e, ás veces, absurda.  




 Ao día seguinte, domingo, 8 de marzo, a partir das 19:00 horas,  o Centro Cultural da Guarda acollerá a obra de teatro “Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller”. 

 Como parte deste programa do Día Internacional da Muller, desenvólvense diferentes obradoiros para mulleres na nosa vila. Esta semana deu comezo o obradoiro de canto “Con voz propia” que busca explorar novas maneiras de cantar e bailar en liberdade. A próxima semana comezará o obradoiro “Quérome, cóidome” para aumentar a autoestima, ademais de compartir experiencias entre mulleres. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario