19 de xan. de 2026

TOMIÑO

Cerveira e Tomiño aceleran xuntas cara a unha Eurocidade innovadora  

 O Comité de Xestión Estratéxica constatou o avance do proxecto Euroci-dade Intelixente para consolidar a ambos concellos como polo industrial tranfronteirizo 


O eixo central da reunión foi a recente captación dunha subvención para o proxecto Eurocidade Intelixente

Foto: C.T.
 

Infogauda / Tomiño 

 Cerveira e Tomiño continúan construíndo cooo-peración paso a paso. O Comité de Xestión Estratéxica (CXE) da Eurocidade Cerveira-Tomiño mantivo un novo encontro de traballo consolidándose como peza clave para coordinar, facer seguimento e impulsar os proxectos transfronteirizos compartidos po-los dous municipios. 

 Durante a xuntanza púxose de manifesto o firme avance das iniciativas xa aprobadas, analizáronse futuras convocatorias de financiamento e renovouse o compromiso coa vida cultural, social, económica e deportiva da Eurocidade. O traballo continuado do CXE permite non só garantir unha correcta execución dos proxectos, senón tamén anticiparse a novas oportunidades e reforzar unha visión estratéxica común a ambos lados do Miño. 

 O eixo central da reunión foi a recente captación dunha subvención para o proxecto Eurocidade Intelixente, cun investimento que superará os 520.000 euros. Esta inicia-tiva supón un paso decisivo para consolidar un verdadeiro polo industrial transfronteiri-zo, reforzando o Parque Agroindustrial Transfronteirizo e o Centro de Inovação de Cerveira como polos estratéxicos de apoio ao emprendemento, á innovación empresa-rial e á capacitación tecnolóxica. A través deste proxecto impulsaranse tamén progra-mas de incubación e aceleración de startups, así como a implantación de tecnoloxías avanzadas como a automatización, a Internet das Cousas (IoT) e a economía circular. A Universidade de Vigo colaborará no desenvolvemento de competencias para a es-pecialización intelixente, na formación técnica, na creación de alianzas estratéxicas e na posta en marcha dun Laboratorio de Innovación para a Sustentabilidade. 

 Entre as accións previstas destacan a elaboración dunha Axenda Estratéxica de Espe-cialización Intelixente e Transición Industrial, o mapeo do tecido empresarial e dos axentes clave da Eurocidade, a formulación dun plan estratéxico conxunto para os vindeiros anos, a organización de grandes eventos de emprendemento e innovación a escala da Eurorrexión, o desenvolvemento de bases para redes de incubación de nova xeración e a implementación de tecnoloxías innovadoras. 

 No encontro tamén se avaliou positivamente a evolución doutros proxectos en marcha. Tanto REDE_GOV, impulsado xunto á AECT Río Minho e centrado na igualdade e a cultura, como ADAPT, no ámbito ambiental. Paralelamente, o CXE analizou participa-ción da Eurocidade no programa SCORE, centrado no intercambio deportivo interna-cional, e a través do que deportistas italianos visitarán a Eurocidade en marzo e cer-veirenses e tomiñeses estarán en Italia en maio. Ademais tamén trataron a planificación das actividades anuais da Eurocidade financiadas polo FEDER a través do programa POCTEP. 

 O presidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, e a alcalde-sa de Tomiño, Sandra González, destacaron que “o traballo constante do Comité de Xestión Estratéxica e as reunións mensuais permiten avanzar con rigor, coordinación e visión de futuro. A Eurocidade non é só un marco institucional, é un proxecto vivo que se constrúe co esforzo técnico e político de ambos concellos”. Ambos os dous resalta-ron ademais que “estes novos proxectos que estamos poñendo en marcha fortalecen a economía, o emprego e a cohesión social, ao tempo que reforzan o sentimento de pertenza a un territorio común”. 

 Con estes acordos, a Eurocidade Cerveira-Tomiño reafirma o seu compromiso cunha gobernanza compartida, sólida e eficaz, e consolídase como un exemplo de coopera-ción transfronteiriza baseada na planificación, na continuidade do traballo e no respaldo activo das súas comunidades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario