9 de xan. de 2026

PONTEVEDRA

O SUBDELEGADO DO GOBERNO PIDE QUE NON SE OCULTE O FINANCIAMENTO DO GOBERNO DE ESPAÑA NA VIVENDA PÚBLICA

Infogauda / Pontevedra

 O subdelegado do Goberno, Abel Losada, vén de enviar carta á conselleira de Vivenda, María Allegue, ao entender que a Consellería oculta sistematicamente o financiamento do Goberno de España en varias promoción de vivenda de promoción pública en marcha e situadas na provincia de Pontevedra.     

 Losada reclama que, diante do anuncio de novas visitas institucionais aos bloques de 74 vivendas en Valdecorvos (Pontevedra) se lle convide a participar en representación do Goberno de España, así como ao resto de promocións de vivenda pública desta provincia que conten con fondos estatais. Ademais advirte que non vale a “excusa” de que se trata de fondos europeos, pois os fondos europeos tamén engrosan os Orzamentos autonómicos.     

 O Goberno de España está a achegar un total de 18.061.970 euros nun total de 11 edificios en execución nestes momentos na provincia e cun total de 391 vivendas.     

As obras en marcha son a consecuencia dos acordos asinados coa Xunta e co Concello de Vigo:  

XUNTA DE GALICIA: 

Valdecorvos (Pontevedra), con 74 vivendas: 3.786.000 euros de fondos estatais.  

San Eleuterio-Tameiga (Mos), con 20 vivendas: 991.000 euros.  

Bispo Castañón (Tui), con 3 vivendas: 150.000 euros.  

Parcela M-IVA-10 de San Paio de Navia (Vigo) con 39 vivendas: 1.864.962 euros.  

Parcela M-IVB-21 de San Paio de Navia (Vigo) para 40 vivendas: 1.883.526 euros.  

Parcela M-IVA-7 de San Paio de Navia (Vigo) para 18 vivendas: 900.000 euros.  

Parcela M-IVA-8 de San Paio de Navia (Vigo) para 42 vivendas: 2.068.500 euros.  

Parcela M-IVA-9 de San Paio de Navia (Vigo) para 18 viviendas: 900.000 euros.  

Parcela M-IVB-25 de San Paio de Navia (Vigo) para 50 viviendas: 2.490.000 euros.     

CONCELLO DE VIGO:  

Esturáns (Vigo), para 27 vivendas: 1.840.000 euros.  

Parcela M-IVB-20 y 21 de San Paio de Navia (Vigo) para 37 vivendas: 1.840.000 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario