28 de xan. de 2026

OIA

A oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas visitará Oia este venres 

•  O servizo instalarase no campo de fútbol e atenderá ao público en horario de 9:00 a 14:00 horas


Infogauda / Oia

 A oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas visitará Oia este venres día 30, coa finalidade de achegar información e asesoramento especializado ás persoas interesadas. O servizo instalarase no campo de fútbol e atenderá ao público en horario de 9:00 a 14:00 horas.  

 Esta oficina, posta en marcha pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, funciona como un punto de atención presencial no que se centraliza a información dirixida aos galegos e galegas do exterior que retornan a Galicia, co obxectivo de dar resposta ás súas demandas e necesidades.  

 O servizo ofrece información, asesoramento, acompañamento e seguimento personalizado en ámbitos como os trámites administrativos, o acceso a prestacións, subvencións e axudas, a asistencia sanitaria, a vivenda, a formación, a orientación laboral e o emprendemento.  

 Deste xeito, a oficina móbil busca facilitar unha atención individualizada e próxima que favoreza a integración social e laboral das persoas e familias retornadas en Galicia.  

 Para obter máis información sobre este servizo, as persoas interesadas poden consultar a páxina web da Secretaría Xeral de Emigración ou chamar ao teléfono gratuíto 900 102 380.

Ningún comentario:

Publicar un comentario