CONVOCATORIAS EN SOLIDARIEDADE CON PALESTINA NO BAIXO MIÑO
• O luns, día 12 de xaneiro, na praza Avelino Vicente, da Guarda, e tamén na praza da Inmaculada de Tui, ás 20:00 horas
Baixo Miño con Palestina
Baixo Miño con Palestina convoca a cidadanía da comarca a concentrarse contra o continuado exterminio do pobo Palestino este luns, día 12 de xaneiro, na praza Avelino Vicente, da Guarda, pero tamén na praza da Inmaculada de Tui, ás 20:00 horas. Aderimos así a unha nova xornada de convocatorias en todo o país galego convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina.
Entramos nun novo ano, o cuarto xa da actual fase de xenocidio aberto, dentro do proceso de colonización e limpeza étnica da Palestina histórica, que remonta ao ano 1948. Prestes a se facer tres meses do suposto plano de paz, o estado sionista de Israel continúa cunha política de bombardeos sobre poboación indefensa, de asasinatos de líderes da resistencia e das súas familias ao completo e de ampliación de asentamentos ilegais de colonización. O sionismo continúa privando a poboación gazatí dos bens máis básicos, de modo que continúan dándose mortes por inanición e agora tamén, de frío, como é o caso confirmado de 75 crianzas ao longo deste inverno, segundo relatorios das Nacións Unidas.
Todo isto dase nun contexto de ocultamento e silenciamento mediático. A intervención do presidente fascista dos Estados Unidos veu da man da desaparición do xenocidio das grandes capas de xornais e televisivos do mundo occidental. Segundo a súa lóxica, do que non se fala, non existe.
Por iso teimamos en falar de Gaza, até que a Palestina sexa libre!
Ningún comentario:
Publicar un comentario