29 de xan. de 2026

A GUARDA

A Guarda continúa promovendo a compostaxe con charlas informativas  

A charla será o mércores 4 de febreiro ás 18:00h na Casa da Comunidade de Montes de Salcidos  




Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continúa co seu obxectivo de mellorar o aproveitamento dos recursos e a separación e xestión de residuos. Por iso, o próximo mércores 4 de febreiro, ás 18:00h haberá unha charla sobre a compostaxe na Casa da Comunidade de Montes de Salcidos.  

 A charla axudará aos veciños e veciñas que solicitaron un composteiro a coñecer mellor a súa función e uso, mais tamén está aberta a toda persoa que teña un composteiro ou queira saber máis sobre a compostaxe e reciclaxe en xeral.  

 O obxectivo é reciclar a materia orgánica para obter un abono de alta calidade que os participantes poden aproveitar nas súas hortas ou xardíns, ao tempo que reducen os custos asociados. Deste xeito apóstase pola economía circular ao tempo que contribúe a reducir a produción de residuos e lixo e a minorar as emisións de CO2 á atmosfera.  

 Mentres tanto, o Concello de A Guarda segue a repartir composteiros de xeito gratuíto entre as persoas veciñas. As persoas interesadas en obter un composteiro, poden solicitalo a través de medioambiente@aguarda.es ou no teléfono 986 61 00 00.

Ningún comentario:

Publicar un comentario