A IX Asemblea da CIG-Construción de Vigo elixe a Ricardo Arias novo secretario comarcal
No proceso celebrado hoxe tamén se renovou a executiva e escolléronse as persoas representantes da federación nos distintos organismos
Infogauda / Vigo
A IX Asemblea da Federación da Construción e Madeira (FCM) da CIG de Vigo elixiu hoxe por unanimidade a Ricardo Arias Alén como novo secretario comarcal en substitución de Carlos Ménez, que deixa o cargo tras unha década.
No proceso celebrado esta mañá no local do sindicato na cidade, no que participaron arredor de 30 persoas delegadas, fíxose un repaso da conflitividade laboral que tivo que enfrontar a central sindical nestes anos e marcáronse as principais liñas de traballo do seguinte período.
Tamén se renovou a executiva que se encargará de dirixir a federación na comarca viguesa os vindeiros catro anos e escolléronse as representantes da FCM nos distintos organismos.
O novo secretario comarcal tomou a palabra ao remate da sesión para expresar os retos que afronta a Federación, como a necesidade de continuar na loita por un marco galego de negociación que blinde os convenios provinciais e permita avanzar nas condicións e materias que a día de hoxe están reservadas ao convenio estatal.
Nova Executiva Comarcal da FCM-CIG de Vigo: Ricardo Arias Alén; Iria Martínez Vila; Carlos Méndez Iglesias; Xulio Vicente González; Jesús Domínguez Vidal; José Groba Fortes; Antonio Álvarez González; José Ángel Porto Porto; e Amador Alonso Rodríguez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario