18 de dec. de 2025

VIGO

Manifestación da CIG para reclamar un convenio colectivo no sector da seguridade privada

 Este venres, 19 de decembro, ás 18:00 horas, no centro comercial Vialia, de Vigo


Infogauda / Vigo

 A CIG desenvolverá este venres, 19 de decembro, ás 18:00 horas, unha manifestación polas inmediacións do centro comercial Vialia para reclamar un convenio colectivo no sector da seguridade privada que dignifique as condicións laborais. 

 A central continuará deste xeito co calendario de mobilizacións iniciado este luns en Santiago, onde organizou unha caravana de vehículos que percorreu os arredores do aeroporto Rosalía de Castro, para rexeitar a última proposta achegada pola patronal estatal na reunión do pasado 3 de decembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario