12 de dec. de 2025

TUI

O Mercado de San Antonio engalánase para recibir a Papa Noel

 Os nenos e nenas poderán saudalo, tomar fotografías, deixar as súas cartas no buzón especial, e o día 20 participar nunha gran piñata de Nadal 




Infogauda / Tui

 O Mercado de San Antonio recibirá unha visita moi especial. Dende Laponia, no seu máxico trineo, chega Papá Noel para compartir momentos cheos de maxia e emoción con todos os nenos e nenas que desexen achegarse a saudalo.  

 Para esta ocasión tan destacada, o Concello de Tui preparou un espazo engalanado con luces, cor, decoracións e atmosfera festiva, pensado para que Papá Noel poida recibir aos máis pequenos e ás súas familias dun xeito cómodo e acolledor.  Aquí mesmo poderán depositar as súas cartas, cheas de desexos e soños, nos buzóns de correos instalados neste punto. Tamén poderán fotografarse con Papá Noel e un dos seus elfos na súa estadía en Tui  

 O Mercado de San Antonio comparte a maxia do Nadal, sendo protagonista desta campaña de apoio e dinamización do comercio de proximidade, neste caso nunha aposta polo produto local e de cercanía que cada día ofrecen os praceiros e praceiras nos seus postos.  

 Hoxe venres Papá Noel estivo no Mercado de San Antonio de 17 a 20 h e este sábado de 11 a 14 h. Co mesmo horario volverá o venres 19 e o sábado 20. Cómpre destacar que o sábado 20 ás 12 h celebrarase unha Gran Piñata de Nadal chea de sorpresas e agasallos.  

 A cita con Papá Noel repetirase o luns 22 e o martes 23 de 11 a 14 h e de 17 a 20 h, e o mércores 24 de 11 a 14 h

Ningún comentario:

Publicar un comentario