14 de dec. de 2025

TOMIÑO

AS SOCIALISTAS DE TOMIÑO VOTAN EN CONTRA DOS ORZAMENTOS QUE CALIFICAN DE CONTINUÍSTAS E POUCO AMBICIOSOS  



Violeta de Santiago, voceira do grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

Agrupación do PSdeG-PSOE / Tomiño

 No pleno celebrado o día 12, o grupo municipal socialista afeoulle ao Goberno nacionalista de Tomiño que se enviara unha nota á prensa dando por aprobado o orzamento antes de que se remitira o documento aos grupos da oposición, o que evidencia que tiñan máis presa en sair nos medios que en debatilo e/ou presentarllo á Corporación.  

 As concelleiras socialistas criticaron que vendan uns orzamentos históricos como se fora froito da súa xestión, cando a realidade é que os orzamentos están vinculados a unha base de recaudación, cando hai crecemento económico esa base medra e por tanto os orzamentos medran ademáis de pola vía da inflación.  

 A voceira socialista cuestinou que pese a ser un “orzamento histórico”  o capítulo de investimentos apenas medra con respecto ao ano anterior aínda estando incluidas subvencións de Agader e Xunta de Galicia nela e manifestou que cando dicen que o capítulo de inversións centra os seus esforzos nas parroquias é un exercicio de demagoxia pois con 150.000€ para 15 parroquias dubidou que as actuacións sexan o que precisa a veciñanza e lembrou que de todo o solicitado no Consello Parroquial de Figueiró non se levou a cabo absolutamente nada.  

 O plan de obras e melloras dos camiños con 30.000€, o de saneamento con 60.000€ ou o de mellora dos parques con 15000€ son extremadamente pouco ambiciosos como para denominalos plans, pois o que lle corresponderá a cada parroquia será irrisorio.  

 Con respecto ás transferencias correntes, a voceira socialista manifestou a súa sorpresa pois o Goberno nacionalista vende un esforzo inversor neste ámbito e que segundo a alcaldesa constitúe unha aposta clara por un Tomiño que coida, protexe e acompaña pero a realidade é que o crédito inicial baixa con respecto ao ano anterior polo que a socialista pon en dúbida ese esforzo inversor para a acción social, actividades culturais, deportivas e acción cidadá así como para reforzar as políticas sociais dirixidas ás persoas maiores, infancia, mocidafe e familias.  

 Tamén recalcou Violeta de Santiago no pleno que pese ao incremento do orzamento, se destinen 0€ a política de vivenda cando é unha necesidade que medra exponencialmente e que nin siquera se prantexen acondicionar vivendas para emerxencias sociais, algo totalmente factible acometer se existira vontade política para elo.  

 Por último advertiu de que investimentos con fondos externos poden estar en perigo, como a senda do río Pego, pola mala xestión deste goberno que non xestionou absolutamente nada no convenio asinado coa Confederación Hidrográfica agotando os prazos e comprometendo a actuación. E remata asegurando que son uns orzamentos continuistas, pouco ambiciosos, que non apostan polas necesidades reais da veciñanza e que non van a mellorar sustancialmente a vida das persoas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario