15 de dec. de 2025

TOMIÑO

Tomiño prepárase para a chegada do Nadal con música e tradición  

A Rondalla do CVC de Valladares e a Agrupación Musical de Goián protagonizan unha fin de semana cultural para todas as idades  




Infogauda / Tomiño 

 O espírito do Nadal invadirá Tomiño esta fin de semana cunha programación cultural que combina tradición, música e emoción para toda a veciñanza.  

 O sábado, 20 de decembro, as rúas do municipio encheranse de música e panxoliñas grazas á Rondalla do Centro Veciñal e Cultural de Valladares. Este grupo, que recentemente obtivo o I premio no III Concurso de Rondallas do IFEVI de Vigo no apartado de abandeirados, desfilará de 11.30 a 13.00 horas ofrecendo un espectáculo gratuíto para todos os públicos.  

 Xa o domingo 21, ás 19.00 horas, con apertura de portas ás 18.30, será a quenda da Agrupación Musical de Goián co seu tradicional Concerto de Nadal, no Auditorio Municipal de Goiá. Un espectáculo que pecha o ano con emoción, maxia e sorpresas, no que participarán músicos e coros locais baixo a dirección de Javier Alonso Pérez.  

 Con estas propostas, o Concello de Tomiño reforza a súa aposta pola cultura de proximidade, por unha programación accesible e participativa, que achega á veciñanza momentos de encontro e alegría nestas datas tan sinaladas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario