A escola de baile Attitude celebrará o seu festival de Nadal
• O domingo, 21 de decembro, ás 18:00h no pavillón da Sangriña
Infogauda / A Guarda
Este domingo, 21 de decembro, ás 18:00h no pavillón municipal da Sangriña, a escola de baile Attitude presentará o seu Festival de Nadal, en colaboración co Concello de A Guarda.
O evento - con entrada de balde - contará non soio coas actuacións dos grupos que conforman Attitude, senón tamén con coreografías sorpresa de escolas invitadas.
Ademais, o público desfrutará de música, da realización de sorteos e de servizo de cantina.

Ningún comentario:
Publicar un comentario