O pallaso Peter Punk ensinará na Guarda as súas técnicas circenses
• O sábado 3 de xaneiro, nunha mesma xornada, ofrecerá un obradoiro e un espectáculo de circo
Infogauda / A Guarda
O sábado 3 de xaneiro será un día dedicado ao circo grazas ao pallaso Peter Punk.
Pola mañá, de 11:00 a 13:00 horas, haberá un obradoiro de circo, onde os participantes aprenderán de forma divertida técnicas de globoflexia, malabares e tamén poderán explorar artiluxios de circo. O obradoiro é para nenos e nenas a partir de 5 anos, que deben inscribirse en cultura@aguarda.es.
Pola tarde, ás 17:30h na praza Avelino Vicente, desfrutaremos do seu espectáculo “Chungo ke te cagas”.
É o primeiro espectáculo no que Peter Punk comeza a súa andaina como pallaso. E no que se perfila a súa personalidade divertida e irreverente e mostrará a súa destreza (ou non) con elementos que van aparecendo da súa maleta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario