Novas xornadas de folga do persoal de Veolia
• Desde este martes, 4 de novembro, de 12:00 a 14:00 horas, no hospital Nicolás Peña (rúa Camelias, 109), de Vigo
Infogauda / Vigo
O persoal de Veolia, concesionaria do servizo de mantemento do hospital Nicolás Peña de Vigo e dos 22 centros de saúde da área sanitaria, decidiu convocar novas xornadas de folga este martes día 4, o mércores 5, o luns 10 e o martes 11 para reclamar un incremento do prezo das gardas, que leva dende 2016 sen actualizar. Coincidindo cos paros de 24 horas desenvolverán concentracións diante do centro médico (Camelias, 109) de 12:00 a 14:00 horas.
Unha vez que o último prego de condicións do concurso de adxudicación do servizo recolleu a cobertura de todos os centros de saúde as persoas empregadas de Veolia decidiron reclamar unha actualización do prezo das gardas de 24 horas conforme á suba de salarios do convenio do metal dende 2016, mais as negociacións coa empresa remataron sen acordo ao respecto.
En consecuencia, as nove persoas traballadoras do servizo optaron por convocar unha xornada de folga o pasado martes día 14 e unha concentración diante do hospital. Agora apostan por novos paros e protestas xa que a dirección da compañía non accedau a aumentar o pago dunhas gardas que levan case unha década sen actualizarse.
Ningún comentario:
Publicar un comentario