15 de nov. de 2025

TOMIÑO

Ciencia e cooperación únense en Tomiño para defender o futuro do río Miño  

 O Espazo Isaura Gómez acollerá o 28 e 29 de novembro o XII Simposio Ibé-rico sobre a Bacia Hidrográfica do Río Miño, organizado pola Eurocidade Cerveira-Tomiño e o Aquamuseu do Rio Minho 

 O encontro está aberto ao público e reunirá a investigadores, técnicos e entidades das dúas beiras para debater sobre os grandes desafíos am-bientais do río   


Carlos Antunes, director do Aquamuseu do Río Minho, de Vila Nova de Cerveira, e Sandra González, alcaldesa de Tomiño, na presentación do XII Simposio Ibérico sobre a Bacia Hidrográfica do Río Miño

Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Miño non entende de fronteiras, pero si de compromiso. Ese compromiso será o protagonista do XII Simposio Ibérico sobre a Bacia Hidrográfica do Río Miño, que se celebrará os días 28 e 29 de novembro no Espazo Isaura Gómez, de Tomiño, nunha nova cita que une ciencia, cooperación e cidadanía en defensa dun dos ecosistemas máis valiosos do noroeste peninsular. 

 O encontro, promovido pola Eurocidade Cerveira-Tomiño e o Aquamuseu do Rio Minho, reunirá durante dous días a investigadores, técnicos e xestores ambientais de Portugal e Galicia para compartir coñecemento e debater sobre cuestións clave como a calidade da auga e a contaminación, a xestión de especies autóctonas e invasoras, o estado das poboacións de peixes migradores ou a educación e ci-dadanía ambiental. 

 A sesión de apertura contará coa participación da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e do vicepresidente da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, António Quintas, nun acto que simboliza o espírito de cooperación transfronteiriza que caracteriza á Eurocidade. 

 A rexedora salientou que “o Miño é unha fonte de vida, identidade e futuro compartido. A través da ciencia e da colaboración, queremos garantir que este río siga sendo sím-bolo de biodiversidade e unión entre pobos” e animou a toda a veciñanza a participar activamente neste encontro aberto, que pretende achegar o coñecemento científico á sociedade. 

 Entre as entidades participantes destacan o CIIMAR – Universidade do Porto, o MARE da Universidade de Lisboa, o IPMA, a Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia, o Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), a Universidade de Vigo e a Asociación Herpetolóxica Española, entre outras institucións científicas e ambientais de referencia. 

 O programa incluirá tamén un taller temático baixo o título “Da conservación á innovación: conciliar especies autóctonas e exóticas. Cal é o papel da tecnoloxía cien-tífica?”, no que se presentarán proxectos e solucións aplicadas noutras rexións, co obxectivo de inspirar respostas innovadoras aos desafíos da bacia do Miño. 

 O XII Simposio Ibérico sobre a Bacia Hidrográfica do Río Miño reforza o compromiso da Eurocidade Cerveira-Tomiño coa cooperación transfronteiriza e coa sustentabilida-de, promovendo unha reflexión conxunta sobre o futuro do río que une ambos territo-rios e que é fonte de riqueza ecolóxica, económica e cultural. 

 Esta iniciativa enmárcase na operación 0177_Eurocidade_CT_ADAPT_1_P, cofinan-ciada nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa INTERREG VA POCTEP.

Ningún comentario:

Publicar un comentario