ATLETISMO
SERGIO SILVA SOUTO E NADIA CONEJO BASCOY LOGRAN SENLLAS MEDALLAS DE OURO
• Para a Sociedade Atlética do Trega, no Cros Ponte Romana de Lugo
Redacción Deportes / A Guarda
A Sociedade Atlética do Trega destacou este domingo na oitava edición do Cros Ponte Romana, que se celebrou no Parque do Pazo de Feiras de Lugo. A choiva deu tregua e aínda que o día estaba gris, os atletas completaron un percorrido esixente, con zonas de xiros, subidas e baixadas, e terreo brando que puxo a proba a súa técnica e resistencia.
Na categoría Sub14 masculina, Sergio Silva Souto, de Tomiño, percorreu aproximadamente 2.770 metros con gran constancia e levou a medalla de ouro.
Na categoría Sub12 feminina, Nadia Conejo Bascoy, de A Garda, logrou a vitoria con gran solvencia tras completar aproximadamente 1.670 metros da súa proba, e dese xeito acadar tamén medalla de ouro.
Felicidades, mozos, por estes excelentes resultados e por deixar tan alto o nome da Sociedade Atlética do Trega. Unha xornada que reflicte a dedicación e o esforzo diario de todos os novos atletas do club.


Ningún comentario:
Publicar un comentario