7 de nov. de 2025

A GUARDA

O V Ciclo Sostendo o Futuro chega a súa fin cun obradoiro de adornos de Nadal  

As familias que se queiran inscribir deben mandar un correo a medioambiente@aguarda.es

  



Infogauda / A Guarda 

 O V Ciclo medioambiental Sostendo o Futuro chega á súa última actividade. Trátase do obradoiro “Un Nadal máis verde”, impartido pola Axencia Medioambiental Biophilia, en colaboración co Concello de A Guarda.  

 Nesta actividade as familias aprenderán a elaborar adornos de Nadal con alternativas naturais, verdes e menos contaminantes. O obradoiro impartirase o sábado 22 de novembro, de 10:30 a 12:30h, na Casa dos Alonso.  

 As inscricións xa están abertas a través do correo medioambiente@aguarda.es 

 Desde o Concello de A Guarda lembran que as crianzas deberán estar acompañados por un adulto. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario