7 de nov. de 2025

A GUARDA

O Camiño Central distánciase tan só 66 peregrinos do Camiño Portugués da Costa en outubro


Unha peregrina no Camiño Portugués da Costa
Foto: Antón Ferreira

Antón Ferreira Lorenzo / A Guarda

 O Camiño Portugués da Costa rematou outubro nesa terceira posición, xa habitual, na táboa dos camiños que levan a Compostela, pero, unha vez máis, reducindo distancias con respecto aos camiños Francés e Portugués Central. Respecto a este último foron tan só 66 peregrinos os que dan vantaxe a Tui. Pero é que o Camiño Portugués da Costa foi o que máis medrou porcentualmente entre os primeiros camiños da mencionada táboa, crecendo un 24,31%  en outubro respecto ás cifras do mesmo mes de hai un ano; o Portugués Central (ou Interior), medrou un 17,28%, e o Francés, un 10,08%.

 Se analizamos os datos por procedencia dos peregrinos, a maior parte dos camiñantes pola “Costa” foron extranxeiros 9.843, fronte a 1.396 españois, representando a 98 países, entre os que destacan os chegados de EE.UU. (1.863), Alemaña (1.257), Reino Unido (508), Canadá (494) e Polonia (456) nos primeiros lugares; e entre os españois, os andaluces (291), madrileños (267), cataláns (200), galegos (146) e valencianos (108), nos cinco primeiros postos.

 Os puntos de inicio do Camiño Portugués da Costa, en outubro, non difiren moito con respecto aos meses precedentes, figurando nos primeiros postos Porto, cidade na que comezaron a peregrinaxe 3.258 peregrinos; en Vigo, 2.263; en Baiona, 1.198; en Viana do Castelo, 324, e na Guarda, 279.  Nestes números destaca Vigo, cidade na que o crecemento, con respecto ao mesmo mes de 2024, incremetouse un 45,16%.

 Por sexos, as mulleres son as principais camiñantes da Costa no pasado mes de outubro: 6.629 peregrinas (62,79%), fronte aos homes, con 3.929 peregrinos (37,21%).

 No conxunto do ano, e ata outubro, os principais camiños a Santiago incrementan o número de peregrinos con respecto a 2024, nun 2,78% o Francés (pasando de 228.906 peregrinos en 2024 a 235.260 en 2025), e un 5,76% o Portugués Central (de 92.706 a 98.044), sendo notable o aumento de peregrinos no Camiño Portugués da Costa: un 20,26% (pasando de 72.845 a 87.600 peregrinos). 

Ningún comentario:

Publicar un comentario