A CIG-Industria convoca unha concentración diante do Cluster de Automoción e Mobilidade de Galiza (CEAGA)
• Este xoves, 30 de outubro, ás 11:00 horas, diante do CEAGA en Vigo (a carón da entrada principal de Stellantis)
Infogauda / Vigo
A CIG-Industria convoca unha concentración, este xoves, 30 de outubro, ás 11:00 horas, diante do Cluster de Automoción e Mobilidade de Galiza (CEAGA) en Vigo (a carón da entrada principal de Stellantis), para reclamar medidas urxentes ante a continua perda de empregos no sector e a nova crise de microchips que está a provocar paradas na produción. Fronte a isto, a central sindical esixe:
• Un Plan Industrial para a Automoción galega vencellado ao novo PERTE VEC IV.
• Axudas públicas vinculadas a creación, estabilidade e mantemento do emprego en Galiza.
• Fin dos ERTE abusivos e da precarización do sector.
• Garantir proxectos de futuro como a instalación dunha fábrica de baterías.
• Investimento público e garantías para a instalación dun novo fabricante de vehículos na PLISAN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario