Xornada sobre a enerxía eólica
Martes, 28 de outubro
Desde a Secretaría de Transicións do S. N. de CCOO de Galicia convocamos a todos os delegados e delegadas e a toda a nosa afiliación á xornada de presentación do informe de conclusións do proxecto:
Sociedade, eólica e traballo:propostas para un modelo de desenvolvemento eólico en Galicia socialmente xusto
Data: martes, 28 de outubro de 2025
Localización: Edificio CERSIA Empresa
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro, Santiago de Compostela)
Programa
10:00 Inauguración
10:30 Presentación do informe de conclusións do proxecto
11:00 Mesa sobre enerxía eólica terrestre
12:00 Descanso
12:15 Mesa sobre enerxía eólica mariña
13:00 Mesa de partidos políticos
14:00 Clausura
A Fundación 1.º de Mayo (F1M), xunto co S. N. de CCOO de Galicia e a Secretaría confederal de Sostibilidade Medioambiental de CCOO, realizamos o estudo «Sociedade, eólica e traballo:propostas para un modelo de desenvolvemento eólico en Galicia socialmente xusto», auspiciado pola European Climate Foundation.
O proxecto establece un diálogo cos diferentes actores da sociedade galega implicados no desenvolvemento eólico e territorial, co fin de lanzar propostas de actuación que permitan avanzar na transición enerxética, mellorar a súa gobernanza e impulsar a economía e o benestar dos territorios e das persoas traballadoras.
Para iso leváronse a cabo cinco obradoiros (catro sobre eólica terrestre e un sobre eólica mariña) en Vigo, Ourense, A Coruña, Lugo e Ferrol, con participación de representantes das administracións públicas, organizacións empresariais e empresas do sector, representación sindical, organizacións agrarias e do medio rural, movemento ecoloxista e ámbito académico.
A partir dos debates, entrevistas e revisión de estudos e informes, F1M e CCOO elaboraron propostas para mellorar o diálogo entre axentes e impulsar un desenvolvemento da eólica social e ambientalmente xusto, que incremente a gobernanza e maximice o retorno positivo nos territorios, favorecendo a creación de emprego de calidade e a mellora das condicións de vida da cidadanía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario