30 de out. de 2025

OIA

Oia acollerá unha reunión informativa sobre a rede MOVE, que conecta a comerciantes, hostaleiros e produtores   

  O próximo 3 de novembro,  ás 9.00 horas, na Casa do Concello




Infogauda / Oia

 O proxecto Move-Rede de Comercio Local organiza o próximo 3 de novembro en Oia un encontro dirixido a comerciantes, hostaleiros e produtores da zona. Na sesión, que se celebrará ás 9.00 horas na Casa do Concello, ofrecerase información sobre esta iniciativa e os pasos que se deben dar para adherirse a ela. Para participar na reunión é preciso confirmar asistencia no correo move@depo.gal   

 Move é unha iniciativa da Deputación de Pontevedra e dos concellos adheridos que ten o obxectivo de crear unha rede de comercio local que permita estreitar vínculos entre persoas comerciantes e hostaleiras  da provincia e produtores e provedores.  

 Esta rede provincial pon a disposición dos comerciantes, hostaleiros e produtores unha plataforma en liña co obxectivo de promover relacións comerciais, compartir experiencias e historias e acceder a titoriais e formacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario