26 de out. de 2025

DEPORTES

PIRAGÜISMO

O TEIXUGO MANU OCHOA, SEXTO NO RANKING MUNDIAL DE CAIAC CROSS 


Manuel Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos

Informa (fotografía e redacción): Rosa Fernández Carrera

 A Federación Internacional de Piragüismo acaba de publicar os ranking do mundo de caiac cross deste ano 2025. Manuel Ochoa, do Club Deportivo Miño-Teixugos, remata o ano cun impresionante sexto lugar.  Manu, que se atopa adestrando e traballando na Seu D´Urgell, fálanos do que significa este sexto posto e dos seus plans cara o futuro máis inmediato.  

Que supón para ti este sexto posto no ranking mundial?  

- Para min, quedar sexto na clasificación mundial ten un significado moi grande, xa que me permite gañar confianza ao saber que, ao longo de dous anos, fun un dos seis palistas do mundo con maior consistencia e mellores resultados a nivel internacional. Isto é algo moi positivo para fortalecerse e, sobre todo, para poder render de cara ao futuro.  

Cómo valoras a túa tempada 2025?  

-A tempada 2025 foi unha tempada que empezou moi forte, con dúas medallas en tres Copas do Mundo. En xeral, foi unha tempada moi consistente, porque, a pesar de que nalgúns casos os resultados non foron nin semifinais nin medallas, si foron resultados sólidos, nos que estiven no top 20 das clasificacións finais de cada competición. Iso é unha mostra dun nivel moi alto.  

 Aínda que algunhas desas probas deron puntuacións que non contaron para o ranking mundial, serven igualmente como mostra da consistencia que tiven ao longo da tempada, algo que, como dixen antes, é clave para que no futuro cheguen resultados mellores ou similares. En definitiva, podo dicir que a tempada 2025 foi probablemente a mellor da miña vida en termos  do nivel mostrado en diferentes competicións.  

Que obxectivos ou plans tes de cara á tempada 2026?  

-Como cada ano, de cara ao 2026 o obxectivo é, clasificarme para o equipo tanto de slalom como de kayak cross e, de conseguilo, facer unha boa actuación no Mundial. Ademais, nesta tempada comeza o cómputo do ranking para a clasificación olímpica.  

 Aínda non está completamente definido, porque falta que se aprobe o sistema oficial, pero polo que sabemos ata agora, haberá un ranking no que se escollerán certas competicións do ano que vén e do 2027 para determinar as prazas olímpicas. Polo tanto, será unha tempada moi importante e haberá que render a alto nivel dende o principio.  

Pensas retomar o slalom no futuro ou prefires centrarte no kayak cross?  

- Como xa dixen antes, a miña intención é intentar clasificarme tanto en slalom como en kayak cross, xa que creo que son dúas modalidades nas que teño un gran potencial.  

 De feito, considero que o traballo nunha modalidade é positivo para o rendemento na outra: o que melloro en slalom axúdame no kayak cross, e o que melloro en kayak cross. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario