20 de out. de 2025

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos celebrará asemblea xeral extraordinaria

 O sábado, 25 de outubro, ás 15:00 horas, en primeira convocatoria; 17:00 en segunda 


Vista parcial de Camposancos desde o monte Santa Trega
Foto: Infogauda

Infogauda / Camposancos

 Por orde do presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, o secretario da mesma vén de efectuar a convocatoria de asemblea xeral extraordinaria, que terá lugar o vindeiro sábado, día 25 de outubro, ás 15:00 horas, en primeira convocatoria; 17:00 horas, en segunda, no salón da Casa social da Comunidade.

 A orde do día é o seguinte:

Punto 1º.- Aprobación, se procede, da acta anterior.

Punto 2º.- Información acerca do estado da demanda xudicial interposta por parte da CMMVVMC de Salcidos.

Punto 3º.- Autorizar á Xunta Reitora a emprender as accións xudiciais que sexa necesario, á parte das xa emprendidas.

Punto 4º.- Disolución do Padroado Municipal Monte Trega e creación posible dunha Mancomunidade formada polas Comunidades de Montes de Camposancos e A Guarda.

Punto 5º.- Suxestións e preguntas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario