22 de out. de 2025

A GUARDA

O psicosuspense  “Noitebras” chegará a vila de A Guarda 

O sábado, 25 de outubro, ás 20:30h, no Centro Cultural de A Guarda




Infogauda / A Guarda

 O sábado 25 de outubro, ás 20:30h o Centro Cultural de A Guarda acollerá a representación da obra “Noitebras”, unha produción de Noitebras Teatro. A entrada é de balde e a obra está recomendada para público adulto.  

 Un home ten recluída a unha muller sen estar moi claro o motivo. Tanto el coma ela parecen ter asuntos que ocultarse que tarde ou cedo irán saíndo á luz. Aínda que a muller é a prisioneira, non tardará en decatarse de que ten máis poder sobre o seu raptor do que pensaba e decidirá utilizalo para intentar manexar a estraña situación na que se ve envolta. Desátase entre eles unha loita psicolóxica por tomar o control da situación.  

 Noitebras Teatro presenta este psicosuspense na Guarda, tras a presentación en marzo da súa obra Mentalmorbose. A obra que presentan agora xa foi seleccionada en diferentes festivais de teatro de Galicia, Extremadura, Cataluña, Euskadi, Alemania ou Estonia.  

 Deste xeito, A Guarda continúa coa súa aposta polo teatro, tamén de pequenas compañías afeccionadas, para que o público desfrute dunha oferta cultural variada. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario