ADETO impulsa a formación empresarial en Tomiño con cursos prácticos de marketing e redes sociais
• A Asociación de Empresarios ADETO lanza dous cursos clave en setembro e outubro para axudar a comerciantes e empresarios a potenciar a súa visibilidade e aumentar ventas, con prazas limitadas e dirixidas tanto a asociados como a non asociados
Gonzalo Lomba* / Tomiño
ADETO en colaboración coa axencia de marketing e comunicación Tu Consultor de Internet, organiza dous cursos deseñados específicamente para que empresarios e comerciantes adquiran ferramentas prácticas que lles permitan mellorar a súa competitividade nun mercado cada vez máis dixital.
Os cursos estarán impartidos por Jorge Alonso Daldea, experto en marketing dixital, e celebraranse na sede de ADETO en Tomiño (Rúa Gondomar, 40, galerías comerciais, local B), en formato intensivo e cunha duración aproximada de hora e media.
• Redes Sociais para Empresas: martes 30 de setembro ás 20:30 h. Unha formación práctica sobre cómo aproveitar plataformas como Facebook, Instagram, Pinterest, LinkedIn e Twitter para captar clientes, fidelizar, lanzar promociónsexerar visibilidade online.
• Crea un Plan de Marketing para Campañas Comerciais: martes 7 de outubro ás 20:30 h. Un curso imprescindible para preparar campañas estratéxicas de alto impacto en datas clave como Black Friday, Ciber Monday, Rebaixas e Nadal, optimizando tanto as ventas en línea como as presenciais.
Estas formacións están abertas a todos os asociados de ADETO. Ademais, as empresas non asociadas tamén poderán participar contactando directamente coa asociación.
Desde ADETO subliñan que se trata dunha oportunidade única e con prazas limitadas, polo que recomendan formalizar a inscrición canto antes a través do teléfono 698 193 729.
Con esta iniciativa, cofinanciada pola Xunta de Galicia e co apoio do Concello de Tomiño, ADETO reforza o seu compromiso de apoio ao tecido empresarial de Tomiño, impulsando a modernización dixital, a competitividade e o crecemento das pequenas e medianas empresas locais.
* Xerente de ADETO
Ningún comentario:
Publicar un comentario